Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5847

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de expropiación para a execución da obra de beirarrúas no concello San Cibrao das Viñas (70/PB/2012).

O Pleno da Deputación Provincial de Ourense, na súa sesión ordinaria celebrada o 25 de xaneiro de 2013, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta para a execución da obra de beirarrúas na Castellana, nº 70/PB/2012, no concello de San Cibrao das Viñas, e sometelo a información pública.

Unha vez visto o exposto, faise público o citado proxecto de expropiación, o cal se tramita polo procedemento de taxación conxunta pola Deputación Provincial de Ourense, en virtude da delegación de competencia levada a cabo polo Concello de San Cibrao das Viñas para que, de conformidade co disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan examinar o expediente na Sección de Patrimonio e Expropiacións da Deputación Provincial de Ourense e formular as alegacións que coiden oportunas.

Nº parcela expte.

Referencia catastral

Tipo parcela

Propietario

M2 exprop.

1

7617604NG9871N0001DO

Solo de núcleo rural

Ramón González González

275,00

1

7617604NG9871N0001DO

Solo urbanizable

Ramón González González

15,00

Información: Sección de Patrimonio e Expropiacións. 988 38 51 27. Rúa Progreso, nº 32. 32003 Ourense. Correo electrónico: patrimonio@depourense.es

Esta publicación servirá de notificación para os interesados descoñecidos ou de ignorado domicilio, para os efectos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 28 de xaneiro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense