Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5844

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle presentado por Construccións e Saneamentos A Piunca, S.L. para regular a adecuación volumétrica da implantación da edificabilidade permitida na parcela Val da Fonte, con fronte á avenida de Sarria en Portomarín.

O Pleno, en sesión ordinaria do 27 de decembro de 2012, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle na parcela Val da Fonte, con fronte á avenida de Sarria en Portomarín, do cal a promotora é Construccións e Saneamentos A Piunca, S.L. e o redactor Manuel Cortón Muinelo (Cortón Arquitectos, S.L.P).

O expediente exponse á información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que, quen se considere prexudicado ou afectado, poida formular as alegacións que coide procedentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Portomarín, 30 de xaneiro de 2013

Juan Carlos Serrano López
Alcalde