Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subministración, mediante arrendamento renting, dun vehículo-patrulla para a policía local, por procedemento aberto.

Por Decreto de Alcaldía do 11 de febreiro de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 06/13).

2. Obxecto do contrato: subministración, mediante arrendamento renting, dun vehículo-patrulla para a policía local do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 26.136 € (21.600 euros + 4.536 euros en concepto de IVE), cun prazo de execución 3 anos (posibilidade de prórroga un ano).

5. Garantías: garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no Prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 11 de febreiro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde