Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5842

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación referente ás obras relativas ao proxecto de urbanización do SUR-PPI-2, situado en Cataboi, no concello do Porriño, polo procedemento aberto, dividido en dous lotes.

Polo Decreto da Alcaldía do 4 de febreiro de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 25/12).

2. Obxecto do contrato: rematar as obras relativas ao proxecto de urbanización do SUR-PPI-2, situado en Cataboi, no concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 161.994,16 € (133.879,47 euros + 28.114,69 euros en concepto de IVE).

5. Lotes: lote 1: 71.849,23 + 15.088,34 = 86.937,56 €, cun prazo de execución de dous meses. Lote 2: 62.030,24 + 13.026,35 = 75.056,59 €, cun prazo de execución dun mes.

6. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 4 de febreiro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde