Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5839

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración e mantemento dun sistema corporativo de control horario do persoal do concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2013/002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo mixto de subministración e de servizos.

b) Descrición: subministración e mantemento dun sistema corporativo de control horario do persoal do Concello de Oroso.

d) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

e) Prazo de execución: catro (4) anos contados desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: sen posibilidade de prórroga.

i) CPV (referencia de nomenclatura) 50320000-4; 79710000-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto:

Mantemento: 7.000 euros. IVE (21 %): 1.470 euros. Importe total: 8.470 euros.

Arrendamento terminais: 6.000 euros. IVE (21 %): 1.260 euros. Importe total: 7.260 euros.

Arrendamento software: 8.000 euros. IVE (21 %): 1.680 euros. Importe total: 9.680 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 26.775,00 euros.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase o artigo 4 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia, no perfil do contratante ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 31 de xaneiro de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde