Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5838

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de información pública polo que se dá publicidade ao planeamento para posibilitar a execución do sector de solo urbanizable R-3 Piñeiro do PXOM.

O Pleno municipal do Concello de Miño, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2013, acordou, por maioría simple, co voto de calidade do alcalde presidente, ratificar o texto do documento de Convenio de transacción extraxudicial e Convenio urbanístico para a execución do planeamento para posibilitar a execución do sector de solo urbanizable R-3 Piñeiro do Plan xeral de ordenación municipal de Miño (A Coruña), subscrito o día 5 de febreiro de 2013 e someter este a información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, por un período mínimo de vinte días hábiles, co obxecto de que as persoas interesadas poidan examinar este e formular as alegacións que estimen convenientes.

Miño, 21 de febreiro de 2013

Jesús Veiga Sabín
Alcalde