Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5837

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre local para uso de restaurante en Codesedo-Doade (expediente 7026/13).

Por instancia da entidade Casa do Patrón, S.L., representada por José Luis Mato Cachafeiro, estase a tramitar no Concello de Lalín o expediente para a obtención da licenza de obra, apertura e primeira ocupación para o acondicionamento de local para uso de restaurante no lugar de Codesedo, número 1, parroquia de Doade (Pontevedra) (expediente 7026/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 29 de xaneiro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo