Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación dun servizo de xestión integral de espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (AB-EIO1-13-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Edificio de Administración. Planta baixa. Sección de Contratación.

2. Domicilio: rúa Ramón Puga, 52.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Telefono: 988 38 56 91.

5. Telefax: 988 38 50 08.

6. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIO1-13-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto de servizo e subministración.

b) Descrición: servizo de xestión integral de espazos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, dependente da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución: distintos edificios que conforman o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (ver número 2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares).

e) Prazo de execución: 10 anos e un mes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV: 79710000-4; 79711000-1; 09123000-7; 09134000-7; 09310000-5; 50530000-9; 50531100-7; 50750000-7; 50850000-8; 90922000-6; 90910000-9 (ver número 2.1.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: cento cincuenta millóns douscentos corenta e sete mil cincocentos euros (150.247.500,00 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: cen millóns cento cincuenta e catro mil novecentos dezasete euros con oitenta céntimos (100.154.917,80 €).

b) Importe total: cento vinte e un millóns cento oitenta e sete mil catrocentos cincuenta euros con cincuenta e un céntimos (121.187.450,51 €).

6. Garantías exixidas. Provisional: 100.000,00 € (ver letra e) da cláusula 5.3.1 do PCAP). Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído (5.007.745,89 €). Complementaria: 5 % do importe de licitación, IVE excluído (5.007.745,89 €).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: si, ver letra f) da cláusula 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver letras g), h), i) e j) da cláusula 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 15.4.2013. Se o último día de presentación de ofertas coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida no número 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense.

d) Número de empresas a que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 6 meses contados desde a data de apertura das proposicións, que se ampliará en 15 días hábiles cando se identifiquen ofertas desproporcionadas ou anormais.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Dirección: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 1ª planta do Edificio de Administración, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil de contratante,

www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: ver número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22.2.2013.

12. Outras informacións:

Ourense, 18 de febreiro de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras