Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a formalización do contrato de subministración sucesiva de lentes intraoculares, viscoelásticas e packs de material para a intervención de cataratas e vitrectomías e o arrendamento sen opción de compra do equipamento necesario para a realización das ditas intervencións cirúrxicas no Hospital Universitario Lucus Augusti (MS-CHX1-11-015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo). Rúa Doutor Ulises Romero, 1 (27003) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-CHX1-11-015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: lentes intraoculares, viscoelásticas e packs de material para a intervención de cataratas e vitrectomías e o arrendamento sen opción de compra do equipamento necesario para a realización das ditas intervencións cirúrxicas no Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33731110-7.

e) Medio de publicación del anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de xullo de 2012 no DOUE, 19 de xullo de 2012 no BOE e 26 de xullo de 2012 no DOG.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 814.915,33 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 543.276,89 euros. Importe total: 588.243,96 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 1 de febreiro de 2013.

c) Contratista: Alcon Cusí, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 520.800,00 euros. Importe total: 574.486,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: único licitador non excluído ou descartado e que cumpre todas as prescricións (para máis información véxase o perfil do contratante:
www.sergas.es).

Lugo, 4 de febreiro de 2013

Francisco José Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo