Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2013 polo que se notifica a resolución pola que se resolve a adxudicación da parcela número 28 do parque empresarial de Bóveda e se incauta a garantía provisional constituída.

Por non ser posible notificar polo servizo de Correos, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 16, do 19 de xaneiro), mediante este anuncio notifícaselle ao interesado, cuxo último domicilio coñecido se sinala no anexo, a resolución pola que se resolve a adxudicación da parcela número 28 do parque empresarial de Bóveda e se incauta a garantía provisional constituída.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situadas no polígono das Fontiñas, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

A citada resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación. Así mesmo, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, consonte o establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Acto de notificación: resolución pola que se resolve a adxudicación da parcela número 28 do parque empresarial de Bóveda e se incauta a garantía provisional constituída.

Interesado: Jonatan Arias García.

Enderezo: rúa da Agra, 43, Teilán, 27359 Bóveda (Lugo).