Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución pola que se acorda o cambio de instrutor no expediente sancionador ES-P-0014/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo a resolución pola que se acorda o cambio de instrutor no expediente sancionador ES-P-0014/12.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Manuela Bugarín Portas.

Expediente: ES-P-0014/12.

Último domicilio coñecido: rúa Ador núm. 1, portal 2, 3º F, Salceda de Caselas (Pontevedra).

Asunto: notificación do cambio de instrutor no expediente sancionador ES-P-0014/12.

Indicación do contido: resólvese nomear instrutora do procedemento sancionador ES-P-0014/12 a Patricia Iglesias López, funcionaria con destino na Área Provincial do IGVS en Pontevedra. Á instrutora aplicaráselle o réxime de recusación e abstención previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Alegacións: concédese un prazo de quince días para que se acheguen cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, de ser o caso, para propoñer proba que concrete os medios de que pretende valerse. Esta resolución non é susceptible de recurso.