Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do expediente IGVS06-12.

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que, mediante resolucións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en uso das facultades conferidas pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS; polo Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve; polo artigo 4.2.e) do Decreto 317/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS, e pola Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de funcións en materia de contratación no director xeral do IGVS, foi formalizado o seguinte contrato:

1. Título: servizo consistente na vixilancia das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra. Expediente: IGVS06-12.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data de resolución da adxudicación: 14.12.2012.

• Adxudicataria: Segur Ibérica, S.A.

• Importe: 53.239,92 € (IVE excluído).

• Formalización: 14.12.2012.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo