Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5127

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de reposición interposto por Alberto Cobas Díaz.

Con data do 21 de xaneiro de 2013 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición formulado por Alberto Cobas Díaz contra a Resolución do 27 de novembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, elaboradas en cumprimento do establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes, entre outras, á categoría 033 do grupo IV.

Tentada, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, xa que foron devoltas polo dito servizo, por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Alberto Cobas Díaz a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública