Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5126

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2013, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 25 de maio de 2012 (DOG número 103, do 31 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 13 de febreiro de 2013, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de outubro de 2012 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o dous (2) de marzo de 2013, nas aulas número 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas.

O exercicio constará de dúas probas. A primeira proba consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de dez preguntas nun tempo máximo dunha (1) hora. A segunda proba consistirá en desenvolver por escrito dous temas de tres extraídos ao chou, sendo de dúas (2) horas o tempo máximo para o desenvolvemento dos dous temas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal, quedando prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2013

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal