Convocada por Resolución do 30 de outubro de 2012 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 2013) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e, en exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador de servizo de atención primaria), anunciado por Resolución do 30 de outubro de 2012 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 2013).
Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 28 de xaneiro de 2013
F. Javier Caramés Casal
Director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: coordinador do Servizo de Atención Primaria de San Paio de Navia.
Nome e apelidos: Mª Teresa Gallego Santos.
DNI: 36032069Q.