Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4713

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga do convenio colectivo de Gadisven, S.A.

Visto o acordo subscrito pola Comisión Negociadora do convenio colectivo de Gadisven, S.A., con data do 8 de novembro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Acta da mesa negociadora Gadisven, S.A.

A Coruña, 8 de novembro de 2012, reúnese nas oficinas da empresa a mesa negociadora do convenio colectivo de Gadisven, S.A.

Comparecentes:

A. Pola representación sindical:

Comparecen os membros do Comité de Empresa, os cales quedan enumerados, agrupándoos por sindicatos, do seguinte xeito:

Sindicato CSI-F: Benjamín Rivera González e Fco. Javier Villasuso Lorenzo.

Sindicato CC.OO.: Víctor Uriarte Vigo, Christian Galasso Vilas y Fernando Otero Ramírez.

B. Pola Dirección da empresa:

Pedro Pajarrón López-Sors.

Unha vez aberta a sesión e logo das deliberacións oportunas, as partes adoptan os seguintes acordos:

Primeiro. Prorrogar un ano, é dicir, desde o 1.1.2012 ata o 31.12.2012, a vixencia do convenio na súa totalidade, exceptuando o referente á revisión salarial.

Segundo. Establecer una revisión salarial, con efecto retroactivo á data do 1.1.2012, dun incremento do 1 % para os conceptos establecidos na táboa salarial del anexo I do convenio colectivo de Gadisven, S.A.

E sen máis asuntos que tratar, remata a sesión na cidade e na data indicadas no encabezamento.