Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (866/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 866/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Pilar Folgueira Prieto contra Xertigán Sociedad Cooperativa Galega e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é o seguinte:

«Que, aceptando a demanda interposta por María Pilar Folgueira Prieto contra a empresa Xertigán Sociedad Cooperativa Galega, debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos do 20 de agosto de 2012 e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión da demandante ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade de 11.342,52 euros e, en caso de optar pola readmisión, a aboarlle os salarios de tramitación en contía de 38,58 euros diarios. Absolvo o Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puider alcanzalo nos casos legalmente previstos.

Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que lle sirva de notificación en forma a Xertigán Sociedad Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 29 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial