Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada e polo procedemento aberto, da subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 78 22.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correos electrónicos:

maria.blanco.aller@xunta.es,

manuel.perez.gonzalez@xunta.es

ou rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18398

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SUXU 01-CH.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezo unitario de material de oficina non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de entrega: nas sedes dos órganos xudiciais de Galicia indicados no anexo A do prego de prescricións técnicas ou en calquera xulgado de nova creación durante a vixencia do contrato.

e) Prazo de execución: doce (12) meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 30197000-6. Material de oficina de pequena envergadura.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 11 da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 329.459,52 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 329.459,52 €.

IVE (21 %): 69.186,49 €.

Importe total: 398.646,01 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído). No caso de baixas desproporcionadas, terá que constituírse unha garantía do 10 % do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 4 de marzo de 2013, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, o 14 de marzo de 2013, ás 12.30 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23 de xaneiro de 2013.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza