Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2012/237-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L. ELEMOL.

Domicilio social: avda. Pontevedra, 14, baixo. 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS Caritel II.

Situación: Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: cambio de condutor LA-30 por LA-56 dun tramo de 570 metros da LMT aérea Pazos-Caritel, desde o apoio nº 1 da derivación Caritel ata un apoio máis alá do apoio proxectado paso aéreo subterráneo (pas) 1, do cal se fai a subderivación Caritel II. LMT subterránea a 20 kV con conductor RHZ1, de 750 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado pas-1 (á altura do CS A Esparrafada) e final no apoio proxectado pas-2 na subderivación Caritell II (dirección A Fraga) unha vez entre e saia do novo CT Caritel 2. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/420 V, situado en Caritel, Ponte Caldelas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Gabia Caritel

Numeración parcelas

Afeccións

Bens existentes

Lonxitude

m2 gabia (2 m largo) servidume de paso

Polígono/parcela

Mancomunidade de Montes de Caritel, Caritel de Forzáns

Rpte. Javier Sánchez Otero, Caritel 42

26829 Ponte Caldelas

1

Matogueira

216,240

432,48

pol. 30/parc. 1208

2

Matogueira

104,600

209,20

pol. 30/parc. 1210

5

Matogueira

21,680

43,36

pol. 30/parc. 243

Juan Carro Pombo, Caritel 4. 26829 Ponte Caldelas

3

Chan asfaltado

58,830

117,66

pol. 30/parc. 245

4

Matogueira

42,930

85,86

pol. 30/parc. 244

6

Chan asfaltado

21,670

43,34

pol. 30/parc. 245

Carlos Cal Nicolau, Caritel nº 7. 36829 Ponte Caldelas

7

Matogueira

63,990

127,98

pol. 9/parc. 633