Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 140/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CT rúa Armuño, nº 27.

Situación: concello de Sada.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a CT rúa Armuño, nº 27, a 20 kV, cunha lonxitude de 101 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS PED-704, tramo ente o CT Costa de Ouces (expediente 346/06) e o CT Posse, 15 (expediente 33/01) , condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT Posse, 15 (expediente 33/01), realizando entrada e saída no CT rúa Armuño, nº 27 proxectado. Centro de transformación non prefabricado, en local en planta baixa do edificio solicitante, con libre acceso desde a rúa, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña