Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Gestán Medioambiental, S.L. para o centro de tratamento de residuos, e a súa modificación, no concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña). Número de autorización 2006/0291_AIA/IPPC_134. Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-105.

Con data do 23 de abril de 2008 outorgouse a Gestán Medioambiental, S.L. a autorización ambiental integrada nº 2006/0291_AIA/IPPC_134 para o centro de tratamento de residuos localizado no concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña), da cal é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte da súa notificación ao titular, que se efectuou o 7 de maio de 2008.

No artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada.

Paralelamente ao procedemento de renovación, Gestán Medioambiental, S.L., en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), comunicou á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a pretensión de levar a cabo unha modificación na planta de referencia: construción e explotación do novo vaso no centro xestor das Pías.

A modificación considerouse substancial. Este feito implica que para o desenvolvemento da mesma debe obterse unha nova autorización ambiental integrada, cuxo procedemento está regulado na citada Lei 16/2002.

Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE nº 23, do 26 de xaneiro), e no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación e modificación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Proxecto básico para a renovación da autorización ambiental integrada do centro de tratamento de residuos de Gestán Medioambiental, S.L. Ayuntamiento de Sobrado dos Monxes. Xuño de 2012.

– Documento resumo para a renovación da autorización ambiental integrada do centro de tratamento de residuos de Gestán Medioambiental, S.L. Ayuntamiento de Sobrado dos Monxes. Xuño de 2012.

– Proxecto básico para la ampliación de la autorización ambiental integrada del centro de tratamiento de residuos de Gestán Medioambiental, S.L. Ayuntamiento de Sobrado dos Monxes. Xuño de 2012.

– Proxecto construtivo dun novo vaso no centro xestor das Pías-Sobrado (A Coruña). Setembro de 2011.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que consideren convenientes. O citado documento estará ao dispor dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Sobrado dos Monxes (praza Portal s/n, 15813 Sobrado dos Monxes).

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental