Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4379

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (154/2012).

María Novo López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, mediante este edicto, anuncio neste procedemento de xuízo verbal 154/2012, seguido a instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. fronte a Moisés Abeijón González, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 117/2012.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal nº 154/2012, seguidos ante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, Financiera El Corte Inglés, S.A., coa procuradora Sra. Sánchez Silva e o letrado Sr. Martínez-Olivares; e doutra, como demandado, Moisés Abeijón González, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase esta sentenza sobre a base da seguinte:

Resolución.

Que, aceptando como acepto a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés, S.A., coa procuradora Sra. Sánchez Silva e o letrado Sr. Martínez-Olivares; e doutra parte, como demandado, Moisés Abeijón González, en rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a pagarlle á demandante a cantidade de catrocentos cincuenta e seis con cincuenta e oito euros (456,58 €), con expresa imposición á parte demandada das costas procesuais causadas.

Únase esta sentenza ao libro de rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Modo de impugnación: conforme o disposto no artigo 455.1 da LAC, reformado pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual, tratándose dun xuízo verbal de contía non superior a 3.000 €, esta sentenza non é susceptible de recurso ningún».

E atopándose o dito demandado, Moisés Abeijón González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

A secretaria xudicial