Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4381

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (61/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor seguinte:

«Sentenza

Betanzos, 22 de novembro de 2011

Resolvo que estimando a solicitude de divorcio formulada pola procuradora Amparo Cagiao Rivas, en nome e representación de María Dolores Prego López, contra José Antonio Loureiro Rodríguez, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio de ambos os cónxuxes, que tivo lugar o día 31 de marzo de 1984, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

Todo isto sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme e contra ela poden interpor recurso de apelación ante este mesmo xulgado e nun prazo de cinco días a partir da súa notificación do que, de ser o caso, coñecerá a Audiencia Provincial.

En canto sexa firme esta resolución, lévese a cabo a oportuna anotación no Rexistro Civil da Coruña, onde consta inscrito o matrimonio, quede nas actuacións certificación e inclúase esta no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos correspondentes, pronúncioa, mándoa e asínoa. Carmen Castro Pérez. Asinado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Antonio Loureiro Rodríguez, expido esta cédula para que lle sirva de notificación.

Betanzos, 1 de xuño de 2012

O/A secretario/a xudicial