A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe da Sección de Farmacia.
A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do complexo hospitalario no prazo de trinta días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 21 de xaneiro de 2013
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés