Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4160

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (130/2012-1).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o dezanove de abril de dous mil doce.

Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo verbal 130/2012-1 seguidos por instancia de María Núñez Fidalgo, representada pola procuradora María Soledad Sánchez Silva e asistida polo letrado José Manuel Cotón Carreira, contra Grace Antonia Nouel Brache declarada en situación de rebeldía procesual, en reclamación de rendas debidas.

Decido:

Estimando a demanda interposta pola procuradora Soledad Sánchez Silva en nome e representación de María Núñez Fidalgo contra Grace Antonia Nouel Brache debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de doce mil catrocentos oitenta e oito euros con corenta e un céntimos (12.488,41 €) en concepto de rendas e IVE, sen prexuízo de que a demandada poida aplicar a estas rendas a retención correspondente, máis o xuro legal desde a data de interposición da demanda. Todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Esta sentenza non é firme, contra ela pode interpoñerse recurso de apelación, perante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado e procurador, na forma prevista nos artigos 457 e seguintes da nova LAC.

Igualmente, advírtaselles a ambas as partes que se desexan formular recurso de apelación deberán acreditar, co escrito de interposición do recurso, a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do Xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe previsto en tal norma, apercibíndoos de que a non constitución do depósito comportará a inadmisión a trámite do recurso.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Grace A. Nouel Brache, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2012

Mª Manuela García Jalón de la Lama
Secretaria xudicial