Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4159

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira)

EDICTO (7585/2010).

Na Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia séguese o procedemento ordinario 7585/2010. Este foi interposto polo procurador Rafael Pérez Lizarriturri en nome e representación de Mercedes Novo Prego, Carmen Novo Prego, María Jesús Novo Prego, Federico Novo Prego e Antonio Federico Novo Prego contra a resolución sobre prezo xusto de predio 1 A, expropiado por tramitación urxente para proxecto 00066-vía rápida de conexión de Ares e Mugardos coa Rede de Interese Xeral do Estado (R.I.X.E.) ref. AC/00/33.01. T.M. Ares, Fene e Mugardos. Termo municipal Ares, Fene e Mugardos. Expediente 1679/2008, ditada polo Xurado de Expropiación de Galicia.

En cumprimento do acordado en resolución do día da data, e do establecido no artigo 49.4 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), concédese o prazo de nove (9) días para a comparecencia de Carmen del Río Prego e Felipe Botas Prego, cuxos últimos domicilios coñecidos eran, respectivamente, r/ Maldonado 1, 1º A, de Madrid, e r/ Federico García 2, 5º, da Coruña, e iso co obxecto de que se o consideran conveniente para os seus intereses no expresado procedemento, comparezan en forma mediante procurador e avogado para que poidan formular cantas alegacións xulguen oportunas, co apercibimento de que, se o fan posteriormente, se terán por parte para os trámites non precluídos. De non compareceren oportunamente, continuará o procedemento polos seus trámites, sen que haxa lugar a practicarlles, en estrados ou en calquera outra forma, notificacións de ningunha clase.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

Enriqueta Roel Penas
Secretaria xudicial