Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3474

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2013 pola que se lles dá publicidade ás entidades colaboradoras adheridas así como aos beneficiarios das axudas do Plan Renove de electrodomésticos, fiestras, equipamentos de climatización e equipamentos de iluminación interior e do Plan de vehículos eficientes.

Antecedentes.

1. Rematada a selección, de conformidade co establecido no artigo 8.a.6 e 8.b.6 da Resolución do 12 de setembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de electrodomésticos, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as ditas axudas; no artigo 8.8 da Resolución do 1 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan as ditas axudas como anticipadas de gasto; no artigo 8.8 da Resolución do 13 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de equipamentos de climatización, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as ditas axudas como anticipadas de gasto; no artigo 8.8 da Resolución do 15 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de equipamentos de iluminación interior, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as ditas axudas como anticipadas de gasto, e no artigo 8.8 da Resolución do 1 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan de vehículos eficientes, así como se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan como anticipadas de gasto (en diante, bases reguladoras).

2. Segundo as bases reguladoras, no artigo 10 e en relación ao procedemento para acceder ás axudas, establécese que as entidades colaboradoras adheridas a cada Plan Renove así como do Plan de vehículos eficientes son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

3. Conforme os artigos 8.a.2, 8.b.2 e 10.b.5 das bases reguladoras dos plans Renove e os artigos 8.4 e 10.b.6 do Plan de vehículos eficientes, efectuouse requirimento de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos nos artigos 8.1.a e 8.1.b. das bases reguladoras.

4. No artigo 12 das bases reguladoras do Plan Renove de electrodomésticos, fiestras, equipamentos de climatización e equipos de iluminación interior, así como no artigo 11 das bases do Plan de vehículos eficientes, establécese que a concesión das subvencións se efectuará respectando a rigorosa orde de data da reserva de fondos e ata o esgotamento do crédito dispoñible, sempre que cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

Consideracións legais.

1. Segundo os artigos 8.6 e 14 das bases reguladoras do Plan Renove de electrodomésticos, fiestras, equipamentos de climatización e equipamentos de iluminación interior, así como o artigo 13 das bases do Plan de vehículos eficientes, o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión de axudas será o director do Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Inega e a súa resolución corresponderalle ao director do Inega, que resolverá por delegación do Consello de Administración.

2. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polas propias persoas interesadas.

3. Segundo as bases reguladoras disponse que todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade coa Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, así como co Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e segundo o establecido no artigo 2 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando, existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

De acordo con todo o anterior, esta dirección

RESOLVE:

1. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia para os efectos previstos no artigo 59.6 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Dar conta da publicación das entidades colaboradoras adheridas aos referidos plans Renove, así como ao Plan de vehículos eficientes, que se poderán consultar na páxina web do Inega http://www.inega.es

3. Dar conta da publicación dos beneficiarios das axudas dos plans Renove, así como do Plan de vehículos eficientes, que se poderán consultar na páxina web do Inega
http://www.inega.es

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpoñer recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia