Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3477

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013 pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración entre a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Economía e Competitividade, e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a concesión a esta dun préstamo con cargo aos orzamentos xerais do Estado.

Con data do 27 de decembro de 2012, o Ministerio de Economía e Competitividade e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a concesión a esta dun préstamo con cargo aos orzamentos xerais do Estado. De acordo co establecido nas cláusulas do convenio, que figura como anexo a esta resolución, procede a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenio de colaboración entre a Administración xeral do Estado, a través
do Ministerio de Economía e Competitividade, e a Xunta de Galicia, a través
da Consellería de Economía e Industria, para o desenvolvemento da Estratexia española de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante
a concesión a esta dun préstamo con cargo aos orzamentos xerais do Estado

Madrid, 27 de decembro de 2012

Reunidos:

Dunha parte, Luis de Guindos Jurado, ministro de Economía e Competitividade, nomeado polo Real decreto 1826/2011, do 21 de decembro (BOE do 22 de decembro), actuando en virtude do artigo 13.3 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado; da disposición adicional décimo terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; e da Lei 47/ 2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria; e logo de autorización para a sinatura do presente convenio mediante Acordo do Consello de Ministros do día 21 de decembro de 2012,

Doutra parte, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Comunidade Autónoma de Galicia, no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 24 e 26 da Lei 1/1983, do 2 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, para cuxo cargo foi nomeado polo Real decreto 1617/2012, do 29 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), e tras a debida autorización de subscrición deste convenio por Acordo do Consello de Goberno da Xunta de Galicia na súa sesión do día 11 de outubro de 2012,

Ambas partes, na representación que exercen, recoñécense mutua capacidade para obrigarse e para tal efecto

Expoñen:

Primeiro. Que lle corresponde ao Estado o fomento e a coordinación xeral da investigación científica e técnica, de acordo co artigo 149.1.15 da Constitución. De forma específica, segundo o Real decreto 1823/2011, do 21 de decembro, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, correspóndelle ao Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco) a proposta e execución da política do Goberno en materia de investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en todos os sectores.

Así mesmo, correspóndelle a elaboración da proposta, a xestión, o seguimento e a avaliación dos programas nacionais e accións estratéxicas do Plan nacional de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Plan nacional de I+D+i).

Segundo. Que a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, é responsable da ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do establecido no artigo 27.19º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Terceiro. Que ambas as dúas partes desexan cooperar e coordinar as súas actuacións en materia de innovación co obxectivo común do desenvolvemento da Estratexia española de innovación (en adiante EEInn) prevista na Lei de ciencia, tecnoloxía e innovación e impulsada pola Administración xeral do Estado, no marco das estratexias rexionais intelixentes que cada rexión europea debe deseñar de cara ao proceso Europa 2020.

Cuarto. Que a Comunidade Autónoma de Galicia asume a corresponsabilidade en alcanzar os obxectivos estatais da EEInn e, neste sentido, asume como propios da súa comunidade os obxectivos que figuran no anexo I.

Quinto. Que o artigo 6.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón que a Administración xeral e os organismos públicos vinculados ou dependentes desta poderán subscribir convenios de colaboración cos órganos correspondentes das administracións das comunidades autónomas no ámbito das súas respectivas competencias. Por outra parte, o artigo 4.1.c) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, dispón a exclusión do seu ámbito de aplicación dos convenios de colaboración que subscriba a Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas.

Sexto. Que para a consecución dos obxectivos mencionados no punto cuarto, ambas as dúas partes poñen en marcha actuacións de fomento de actividades de innovación tanto desde a Administración xeral do Estado como desde a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, ambas as dúas partes coinciden na necesidade de potenciar a creación das masas críticas necesarias para afrontar os desafíos que a ciencia e a innovación española, en xeral, e a de Galicia, en particular, teñen formulados: propiciar a internacionalización dos seus correspondentes axentes do coñecemento, en especial no contexto do Espazo Europeo de Investigación, mellorar a transferencia tecnolóxica ao sector empresarial e fomentar a difusión científica e tecnolóxica.

Sétimo. Que ambas as dúas partes consideran de interese intensificar a coordinación das accións de apoio á investigación, ao desenvolvemento e á innovación en áreas de interese común, por entender que iso contribúe ao mellor cumprimento dos seus respectivos obxectivos, e que o Mineco financiará as accións descritas no anexo I a este convenio.

Por todo iso, as partes, ao abeiro do artigo 6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

ACORDAN:

Subscribir o presente convenio de colaboración que se rexerá polas seguintes cláusulas:

CAPÍTULO I
Obxecto e compromisos

Primeira. Obxecto do convenio

A finalidade deste convenio é fixar o marco de colaboración entre as partes para o fomento da innovación na Comunidade Autónoma de Galicia, a través do desenvolvemento da Estratexia española de innovación, mediante a concesión dun préstamo á Xunta de Galicia.

O obxecto do convenio é o desenvolvemento dun programa de actuacións de promoción da innovación conforme a Estratexia española de innovación.

O programa detallado de actuacións descríbese no anexo I, que é parte integral deste convenio. Cada actuación do anexo I que se execute entre o 1 de setembro de 2012 e a data que resulte, segundo o establecido na cláusula segunda a) cuantifica a contribución que, como consecuencia do desenvolvemento desta, se prevé realizar.

Segunda. Compromisos das partes

O Mineco obrígase a financiar a execución das actividades que se van realizar no marco do presente convenio, mediante un préstamo nas condicións estipuladas no capítulo tres.

A Consellería de Economía e Industria, pola súa banda, obrígase a:

a) Desenvolver todas as actividades que resulten necesarias para a execución do programa de actuacións de innovación incluídas no anexo I, podendo realizalas por si mesma ou a través dalgunha das axencias ou entidades dependentes dela. Os ditos proxectos executaranse no prazo dun ano desde que se reciban os libramentos correspondentes.

b) Acreditar ante o Mineco o cumprimento da finalidade do préstamo, a execución das actividades para as que tamén se concede e a correcta utilización dos fondos públicos que se entregan, dentro dos seis primeiros meses de cada ano natural respecto das executadas no ano anterior.

c) Promover e dar a coñecer as posibilidades de actuacións coordinadas, como as correspondentes a este convenio, nos foros máis adecuados segundo o criterio da Consellería de Economía e Industria, co obxecto de promovelas.

CAPÍTULO II
Funcionamento e desenvolvemento do convenio

Terceira. Comisión Paritaria de Seguimento

1. O seguimento deste convenio corresponde a unha comisión paritaria de oito membros, catro nomeados en representación do Mineco e catro en representación da Consellería de Economía e Industria.

2. Un dos representantes do Mineco será designado pola Delegación do Goberno en Galicia.

3. Unha vez asinado o convenio e no prazo máximo dun mes desde a data desa sinatura, cada parte nomeará os seus representantes e comunicarallo á outra parte. Para a substitución dos membros da comisión abondará coa comunicación á outra parte, previa á realización da reunión.

4. Un dos representantes do Mineco será o presidente da comisión e actuará como secretario un representante da Consellería de Economía e Industria.

5. A convocatoria ordinaria realizaraa o secretario por indicación do presidente e a orde do día comunicarase cun mínimo dun mes de antelación á data da reunión.

6. Considerarase constituída a Comisión cando estean presentes as dúas partes e en número igual de asistentes, sendo unha delas o presidente ou a persoa en quen delegue.

7. Os acordos adoptaranse por unanimidade.

8. A Comisión poderá solicitar excepcionalmente unha opinión especializada naqueles casos en que sexa necesario pola natureza do tema. Esta opinión non será vinculante.

9. Esta comisión terá como funcións:

a) Efectuar o seguimento das actuacións e actividades realizadas e en curso, verificando que progresan adecuadamente, se manteñen nos límites establecidos e se alcanzan os obxectivos programados no presente convenio.

b) Resolver as dúbidas e controversias que puidesen xurdir na aplicación e interpretación das súas cláusulas, sempre dentro da legalidade vixente, e calquera outra que derive da execución do convenio e do seu espírito.

c) Solicitar a información que sexa razoable para o seguimento das actuacións tanto nos aspectos científicos e técnicos como nos económicos e organizativos. Correspóndelle á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia garantir a dispoñibilidade da información.

d) No caso de que se producisen atrasos na execución das actuacións, a Comisión de Seguimento, logo da recepción e análise da memoria xustificativa das causas deses atrasos e a proposta do novo calendario de actuacións, poderalle propoñer ao Mineco a nova data de finalización.

e) O artigo 74.5 da Lei xeral orzamentaria establece que as modificacións de convenios de colaboración autorizados polo Consello de Ministros requirirán autorización do mesmo órgano cando impliquen unha alteración do importe global do gasto ou do concreto destino deste. Na medida que non se modifique o importe global do gasto nin o seu destino concreto suprimindo liñas ou actuacións definidas inicialmente, ou introducindo liñas ou actuacións non definidas inicialmente, a Comisión de Seguimento poderá autorizar, con carácter previo, posibles variacións na contía das diferentes liñas/actuacións que se encontran previstas no anexo I.

10. Para o non recollido por esta cláusula, sobre o funcionamento e as actuacións da Comisión, observarase o disposto pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sobre órganos colexiados.

Cuarta. Xustificación do préstamo e memoria anual

A Consellería de Economía e Industria obrígase a presentar a xustificación das actuacións realizadas con cargo ao financiamento recibido, dentro dos seis primeiros meses de cada ano natural respecto das realizadas no ano anterior, segundo o previsto na cláusula segunda. Esta xustificación entregarase no Mineco.

Xuntarase a seguinte documentación:

• Memoria descritiva de todas as actividades realizadas durante a vixencia deste convenio, achegando a acreditación documental oportuna.

• Acreditación do cumprimento da obriga que sobre publicidade das actuacións establece a cláusula décimo primeira.

• Memoria económica con detalle dos importes aplicados a cada unha das actuacións.

• Certificado de recepción dos fondos, emitido pola Intervención da Comunidade Autónoma de Galicia, e da súa correcta aplicación ás actuacións previstas.

• Certificado de remanentes non aplicados ás actuacións de execución deste convenio, emitido polo órgano competente encargado da contabilidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Adicionalmente, a Comunidade Autónoma de Galicia presentará, antes do 1 de xullo de cada ano, ante a Comisión de Seguimento, unha memoria anual sobre a evolución das actuacións consideradas no anexo I do presente convenio.

Unha vez recibida a memoria anual indicada, a Comisión de Seguimento emitirá un informe, que terá que ser favorable para os efectos de que o Mineco efectúe o libramento da correspondente anualidade. No suposto de existiren remanentes non aplicados, a Comunidade Autónoma de Galicia poderalle solicitar ao Mineco un reaxuste do calendario de actuacións e, consecuentemente, do de libramentos e reembolsos, para o cal será necesario tramitar a oportuna addenda logo do cumprimento de todos os trámites e requisitos que resulten de aplicación, ou ben procederá ao reintegro dos importes correspondentes máis os xuros de demora calculados desde o día seguinte á data de libramento da anualidade correspondente. Todo o anterior sen prexuízo das actuacións de verificación sobre a documentación xustificativa que lle correspondan ao Mineco como órgano concedente.

A Consellería de Economía e Industria e as entidades mediante as cales se puidesen executar as accións deberán someterse, en relación con este convenio, ás actuacións de comprobación e de control financeiro que corresponden ao órgano concedente do préstamo, á Intervención Xeral da Administración do Estado e ás previstas na lexislación aplicable do Tribunal de Contas, ao cal lle facilitarán canta información sexa requirida para o efecto.

CAPÍTULO III
Financiamento nacional das actividades suxeitas ao convenio

Quinta. Financiamento

O Mineco financiará as actividades suxeitas a este convenio cun préstamo de trinta e cinco millóns de euros (35.000.000 €), que serán librados de acordo co seguinte calendario:

Euros

Ano 2012

4.000.000

Ano 2013

15.000.000

Ano 2014

16.000.000

Total

35.000.000

O préstamo terá un tipo de xuro do 3,95 %, un período máximo de carencia de 5 anos desde o ano seguinte ao de concesión do préstamo e un período máximo de reembolso de 10 anos adicionais, sendo, por tanto, o período total de amortización máximo de 15 anos e podendo a Comunidade Autónoma de Galicia amortizar total ou parcialmente en calquera momento anterior ao calendario previsto na cláusula sétima.

Sexta. Transferencia dos préstamos do Mineco

A transferencia de fondos realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 21.07.467C. 821.15 dos orzamentos xerais do Estado para 2012 e o seu equivalente en exercicios posteriores.

Esta achega non poderá supoñer unha diminución da dotación para innovación que teña previsto realizar a Comunidade Autónoma.

O primeiro libramento do importe do préstamo realizarase no momento da sinatura do convenio. Os seguintes libramentos efectuaranse dentro do mes seguinte á recepción do informe favorable emitido pola Comisión de Seguimento, segundo o previsto na cláusula cuarta, mediante transferencia bancaria á conta da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia nº 2080 0300 87 3110063172.

Sétima. Reembolso dos préstamos

A Consellería de Economía e Industria obrígase a reembolsar o préstamo ao Tesouro público, conforme o disposto na Orde PRE/3662/2003, do 29 de decembro (BOE do 31 de decembro), pola que se regula o procedemento de recadación dos ingresos non tributarios recadados polas delegacións de Economía e Facenda e dos ingresos en efectivo nas sucursais da Caixa Xeral de Depósitos encadradas nestas, modificada pola Orde EHA/3967/2007, do 26 decembro (BOE do 8 de xaneiro de 2008), ou na normativa que a poida substituír, no concepto «Ingresos non tributarios. Exercicios pechados operacións financeiras» e cunha referencia ao Mineco e a este convenio.

O pagamento da devolución do préstamo e os seus xuros realizarase segundo o cadro de amortización que se achega como anexo II, sendo a data de pagamento das anualidades correspondentes a cada un dos libramentos a coincidente, ou o seguinte día hábil, coa data de desembolso por parte do ministerio do libramento en cuestión. Dito doutro xeito, as anualidades correspondentes á devolución do primeiro desembolso pagaranse na data dos anos 2017 e seguintes coincidentes coa da sinatura do convenio, mentres que as anualidades correspondentes á devolución dos desembolsos segundo e terceiro se pagarán na data dos anos 2018 e seguintes, no primeiro caso, e 2019 e seguintes, no segundo, coincidentes coa dos libramentos efectuados nos anos 2013 e 2014, respectivamente. Todo iso salvo que a Comunidade Autónoma de Galicia amortice anticipadamente, de acordo co previsto na cláusula quinta.

Oitava. Reintegro dos préstamos con xuros de demora

1. O incumprimento do reintegro do préstamo dará lugar aos correspondentes xuros de demora, calculados en aplicación do xuro legal do diñeiro.

2. Producirase a devolución anticipada do préstamo, xunto cos xuros de demora, calculados desde o día seguinte á data de libramento das anualidades correspondentes ata a súa completa devolución, nos seguintes casos:

• Cando non se acheguen as xustificacións que se prevén no presente convenio.

• Cando o financiamento se aplique a finalidades e actuacións distintas das previstas neste convenio e no seu anexo I.

• Cando non se execute o previsto no convenio por causas non xustificadas, despois de finalizar o período da súa execución e, de ser o caso, as eventuais prorrogas que fosen aplicables.

CAPÍTULO IV
Cláusulas finais

Novena. Vixencia e resolución

1. Este convenio entrará en vigor na data da súa sinatura por ambas as dúas partes e a súa vixencia estenderase ata a finalización das actuacións previstas nel, mentres subsistan obrigas das partes e, en todo caso, ata o reembolso total do préstamo.

2. Poderá resolverse este convenio antes do prazo previsto por mutuo acordo das partes ou por incumprimento do propio convenio, tanto das actividades que se van executar como da devolución das cantidades nos prazos acordados. As partes deberán acordar, en caso de resolución, os seus efectos sobre as actividades en curso.

Décima. Réxime xurídico e resolución de controversias

1. Este convenio ten natureza administrativa e realízase ao abeiro do establecido na disposición adicional décimo terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A resolución das controversias que puidesen formularse sobre a interpretación e execución do presente convenio deberán solucionarse por mutuo acordo das partes, no seo da Comisión de Seguimento. Se non se puidese alcanzar o dito acordo, as posibles controversias deberán ser resoltas de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Décimo primeira. Publicidade do convenio

1. A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia deberá facer constar a colaboración do Mineco en todas as actividades editoriais, informativas ou promocionais en relación coas actuacións recollidas neste convenio.

2. Unha vez ao ano terá lugar unha rolda de prensa en que os máximos responsables de cada unha das partes dará conta do desenvolvemento deste convenio.

3. Este convenio será publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

E, en proba de conformidade, ambas as dúas partes asinan o presente convenio en duplicado exemplar e para un único efecto na data e no lugar mencionados no encabezamento.

Luis de Guindos Jurado Alberto Núñez Feijóo
Ministro de Economía e Competitividade Presidente da Xunta de Galicia

ANEXO I
Programa de actuacións que se van financiar

Actuación nº: 01

Título da actuación

Contratos-programa para a consolidación de centros de coñecemento

Obxectivos

1. Reforzar o papel tractor dos centros de coñecemento do sistema galego de I+D+i

2. Potenciar a interacción entre axentes do sistema galego de I+D+i orientada á valorización de coñecemento

Descrición

1. Instrumentación de convenios bilaterais de cooperación cos centros de coñecemento (centros tecnolóxicos, o CSIC e a Plataforma de Innovación Sanitaria) recoñecidos dentro do sistema rexional de I+D+i para a consecución de obxectivos comúns en beneficio dos intereses rexionais, de acordo coas estratexias de investigación e innovación tecnolóxica de cada institución.

2. Os contratos-programa definirán o conxunto de indicadores específicos e os resultados que deberán ser avaliados para cada un dos centros obxecto desta liña de actuación recollida no eixe 3 do Plan I2C (Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015).

3. As propostas seleccionadas darán lugar a contratos-programa mediante os cales se vinculará o financiamento obtido por parte das entidades seleccionadas ao cumprimento dun conxunto de compromisos e indicadores considerados de carácter estratéxico para o desenvolvemento do sistema galego de I+D+i, ligados fundamentalmente á investigación colaborativa con empresas, en particular pemes.

Destinatarios

1. Centros tecnolóxicos sectoriais (TIC, saúde, pesca, madeira, automoción, tecnoloxías da produción)

2. Organismos públicos de investigación (Servizo Galego de Saúde, CSIC)

Orzamento

12,00 M €

Data prevista de inicio

Outubro de 2012

Prazo de execución (meses)

27 meses (ata decembro de 2014)

Resultados esperados

1. Incremento do cociente de financiamento competitivo versus non competitivo dos centros

2. Incremento da facturación a empresas por parte dos centros

3. Incremento do número de empresas que colaboran cos centros

Actuación nº: 02

Título da actuación

Centro de excelencia e crecemento empresarial

Obxectivos

1. Impulsar a excelencia nos procesos de planificación estratéxica da innovación empresarial das pemes galegas

2. Creación dun foro onde compartir boas prácticas na xestión da innovación na empresa

Descrición

1. Instrumentación de servizos de consultoría especializada para prestar apoio ao crecemento orgánico das empresas, potenciando procesos de toma de decisión de calidade por parte das empresas.

2. Trátase de xerarlles dinámicas de apoio aos equipos directivos das empresas para que desde a valorización do coñecemento, desde a innovación e desde a internacionalización e o reforzamento das súas capacidades financeiras e de xestión poidan emprender sendas de crecemento sustentable.

3. A actuación proposta plasmarase na organización de actividades de soporte a directivos de empresas representativas dos sectores estratéxicos galegos, seleccionadas a través dunha convocatoria pública na cal se priorizarán aquelas empresas de pequeno e mediano tamaño con potencial de crecemento baseado no coñecemento científico-tecnolóxico a través de procesos colaborativos de innovación aberta.

4. As accións de soporte canalizaranse por medio da programación dun mix de actividades de formación, coaching, networking e difusión de boas prácticas, orientadas a perfeccionar os procesos de toma de decisións por parte de empresas seleccionadas que se plasmarán na realización de estratexias e plans de negocio. Para tal efecto, seleccionarase, a través de licitacións públicas, unha ou varias empresas e/ou profesionais de recoñecido prestixio coa especialización necesaria para executar a acción.

5. Os contidos xerados para as actividades de soporte a empresas pasarán a formar parte dunha programación anual deste tipo de actividades que se asociarán a unha marca de centro de excelencia vinculada á Axencia Galega de Innovación, co fin de alcanzar o maior número de empresas beneficiadas.

Destinatarios

1. Pemes

2. Expertos en management

3. Asociacións empresariais

Orzamento

1 M €

Data prevista de inicio

Setembro de 2012

Prazo de execución (meses)

28 meses (ata decembro de 2014)

Resultados esperados

Número de proxectos de empresas que se traducen nun crecemento orgánico contrastable

Actuación nº: 03

Título da actuación

Dinamización do Fondo Tecnolóxico

Obxectivos

1. Estimular un aproveitamento financeiro óptimo do Fondo Tecnolóxico por parte das empresas galegas

2. Incentivar a formación de consorcios universidade-empresa e centro tecnolóxico-peme para articular proxectos colaborativos de alto impacto

3. Reducir as barreiras á participación de empresas galegas no Fondo Tecnolóxico

Descrición

1. Instrumentación de medidas de urxencia orientadas a asegurar o aproveitamento do orzamento do Fondo Tecnolóxico previsto para Galicia no horizonte 2007-2013, de cara a corrixir o deficiente patrón actual de consumo do fondo (15 % á metade do período de execución orzamentaria).

2. Esta actuación considera dúas medidas complementarias:

a) O programa de bonos tecnolóxicos de estímulo á dinamización de proxectos colaborativos de alto impacto rexional por parte de axentes intermedios (centros tecnolóxicos, clústers, asociacións) a través de oficinas de proxectos especializadas na xéneses de proxectos colaborativos e preparación profesionalizada de propostas. O programa articularase mediante unha licitación pública de carácter competitivo orientada á homologación dunha lista reducida de axentes intermedios con base na súa solvencia técnica, organizativa e económica, así como na súa capacidade de impacto rexional. Os axentes intermedios serán retribuídos, segundo os resultados, cun bono aplicado a cada solicitude de proposta presentada ao Fondo Tecnolóxico que alcance unha puntuación preestablecida baseándose en criterios de calidade e complementariedade academia-empresa.

b) Convocatoria aberta de carácter non competitivo para complementar o financiamento dos proxectos de carácter singular, desde o punto de vista do impacto rexional, que obtiveran un compromiso de financiamento por parte do Fondo Tecnolóxico, en coherencia co encadramento comunitario e o Regulamento do Feder.

Destinatarios

1. Empresas

2. Axentes intermedios de apoio ás pemes, especializados no soporte á innovación empresarial e preparación de propostas de proxectos, tales como: centros tecnolóxicos, centros públicos de investigación, consultoras, plataformas tecnolóxicas, clústers, asociacións sectoriais e empresariais

Orzamento

4,00 M €

Data prevista de inicio

Setembro de 2012

Prazo de execución (meses)

28 meses (ata decembro 2014)

Resultados esperados

1. Incremento significativo no número de propostas presentadas ao Fondo Tecnolóxico

2. Novas empresas que participan en proxectos colaborativos de I+D+i

3. Incremento significativo no consumo do Fondo Tecnolóxico en Galicia

Actuación nº: 04

Título da actuación

Apoio á valorización de tecnoloxías

Obxectivos

1. Estimular a creación de empresas innovadoras de base tecnolóxica (EBT)

2. Estimular a xeración de dinámicas sistemáticas de valorización do coñecemento derivado dos resultados da investigación por parte dos centros de investigación

Descrición

1. Programa de apoio á creación de axentes de valorización do coñecemento en ámbitos científicos e tecnolóxicos específicos dotados de coñecemento experto en mercados específicos e no deseño de modelos de negocio.

2. Esta actuación prevista no eixe 4 do Plan I2C pretende:

a) Fomentar a creación de novos axentes de valorización con capacidade de identificación, validación tecnolóxica, elaboración de modelos de negocio e de proxectos de comercialización da innovación.

b) Fomentar a actividade comercial do conxunto de axentes de valorización mediante a creación dunha liña de incentivos asociada á xeración de proxectos concretos de valorización no mercado.

3. Esta actuación articularase mediante un programa de bonos de valorización do coñecemento dirixidos a financiar os servizos de consultoría necesarios para a definición de plans de negocio orientados á creación de EBT derivadas de resultados de investigacións científicas e tecnolóxicas realizadas polos axentes do sistema galego de I+D+i.

4. A actuación proposta implementarase en dous pasos complementarios:

a) Convocatoria pública para a homologación de axentes de valorización do coñecemento, orientada á selección dunha lista reducida de axentes con base en criterios de solvencia técnica, organizativa e económica, así como ao potencial impacto e sustentabilidade da actividade.

b) Retribución do bono de valorización aos axentes homologados con base en resultados alcanzados dentro do calendario de elixibilidade, atendendo ao número de plans de negocio elaborados que contribuíran á creación dunha nova EBT a partir de resultados da investigación.

Destinatarios

1. Grupos de investigación

2. Centros de investigación

3. Centros públicos de investigación e innovación sanitaria

4. Centros tecnolóxicos

5. Axentes de valorización: OTRI, consultoras, incubadoras de empresas

Tipo de actuación

Convocatoria pública competitiva para a selección de axentes homologados

Orzamento

3,00 M €

Data prevista de inicio

Outubro de 2012

Prazo de execución (meses)

27 meses (ata decembro de 2014)

Resultados esperados

1. Número significativo de proxectos de valorización derivados desta intervención

2. Número de EBT creadas a partir de procesos de spin-off de investigacións

Actuación nº: 05

Título da actuación

Programa de captación de fondos internacionais

Obxectivos

1. Incrementar o retorno de fondos de programas europeos por parte dos axentes galegos do sistema de I+D+i

2. Reducir as barreiras á participación de pemes no Programa marco da CE

Descrición

1. Con esta liña de actuación recollida no eixe 5 do Plan I2C preténdese incrementar a participación de entidades galegas nos programas europeos, logrando un retorno acorde co aumento do orzamento comunitario nos próximos anos e co peso específico de Galicia no conxunto do Estado.

2. Perséguese especialmente incrementar o retorno procedente dos programas: Ideas, People e Investigación a favor das pemes, que veñen contando tradicionalmente cun menor apoio de programas públicos á participación e, por tanto, cunha baixa participación galega a pesar de axustarse ben ás características dos axentes de investigación de maior excelencia do sistema galego de I+D+i.

3. Estimular a homologación de axentes intermedios para a presentación de proxectos.

4. Incentivar os axentes intermedios homologados baseándose nos resultados conseguidos na presentación de proxectos.

5. Esta actuación prevé o lanzamento dun programa de bonos tecnolóxicos internacionais de estímulo á preparación de propostas por parte de axentes especializados. O programa articularase mediante unha licitación pública de carácter competitivo orientada á homologación dunha lista reducida de axentes intermedios con base na súa solvencia técnica, organizativa e económica, así como na súa capacidade de impacto rexional. Os axentes intermedios serán retribuídos, con base en resultados, cun bono aplicado a cada solicitude de proposta presentada a programas internacionais de I+D+i que alcancen unha puntuación preestablecida baseándose en criterios de calidade e complementariedade academia-empresa.

6. Esta actuación complementará a actuación 3 descrita anteriormente, ben que requirirá duns criterios de solvencia técnica e capacidade de impacto claramente diferenciados, dando lugar á posibilidade de homologación de grupos de axentes independentes para cada actividade. Así mesmo, esta actuación complementará as actividades de apoio do CDTI e o Mineco, centrándose naquelas tipoloxías de propostas e orzamentos non cubertos actualmente polos programas de apoio ofertados por estas entidades, en particular as centradas no programa Ideas, People e Investigación a favor das pemes.

Destinatarios

1. Pemes e grupos de investigación de excelencia

2. Axentes intermedios de apoio ás pemes, especializados no soporte á innovación empresarial e preparación de propostas de proxectos, tales como: centros tecnolóxicos, centros públicos de investigación, consultoras, plataformas tecnolóxicas, clústers, asociacións sectoriais e empresariais

Orzamento 2,00 M €

Data prevista de inicio

Setembro de 2012

Prazo de execución (meses)

28 meses (ata decembro de 2014)

Resultados esperados:

Incremento da participación galega nos programas Ideas, People e R4SME; incremento do retorno procedente de programas internacionais ao sistema galego; mellora nas ratios de éxito da participación de axentes galegos

Actuación nº: 06

Título da actuación

Incorporación de talento innovador ás empresas (Rede Xiga)

Obxectivos

1. Estimular a xeración de dinámicas de innovación nas pemes

2. Crear emprego especializado en I+D+i

Descrición

1. Programa de financiamento directo á formación e incorporación de expertos xestores de innovación en pemes galegas.

2. Financiamento dos custos de formación e incorporación de persoal mediante anticipos parcialmente reembolsables ao 0 %, transformables integramente en fondo perdido en función de obxectivos alcanzados en forma de proxectos de I+D promovidos nos 3 primeiros anos desde a incorporación do persoal.

3. Medida recollida no eixe 1 do Plan rexional I2C de xestión do talento.

4. O obxectivo final é que as pemes galegas conten cos recursos necesarios para incorporar e consolidar emprego nun ámbito crítico e estratéxico que xa se converteu nun factor determinante de supervivencia nun mercado cada vez máis competitivo: a innovación.

5. A Rede de Xestores de Innovación de Galicia (Xiga) é o resultado dun programa piloto de formación de técnicos especialistas en materia de financiamento e xestión de I+D+i e a súa inserción laboral nas pemes galegas, realizado no ano 2010 e que pretende a súa continuidade con esta actuación.

6. A actuación presenta as seguintes fases:

a) Organización dunha acción formativa especializada dirixida a 60 perfís técnicos para capacitalos como xestores de innovación en empresas.

b) Intermediación na selección e incorporación de xestores de innovación por parte das pemes galegas.

c) Coordinar o seguimento de cada perfil formado e incorporado facilitando o traballo en rede entre os beneficiarios do programa.

Destinatarios

1. Empresas galegas

2. Demandantes de emprego de alta cualificación

Orzamento

3,00 M €

Data prevista de inicio

Setembro de 2012

Prazo de execución (meses)

28 meses (ata decembro de 2014)

Resultados esperados

1. 60 empresas participantes no proxecto

2. 60 empregos de alta cualificación creados

3. Proxectos de innovación individuais e colaborativos xerados por parte dos xestores Xiga contratados

4. Efecto multiplicador no investimento en I+D+i nas empresas con xestores Xiga

Actuación nº: 07

Título da actuación

Consolidación de estruturas de investigación

Obxectivos

1. Consolidar os grupos de investigación do sistema rexional de I+D con potencial internacional

2. Impulsar a competitividade e capacidade de valorización de coñecemento dos grupos de investigación excelentes do sistema rexional de I+D

Descrición

1. Instrumentalización de medidas de apoio á consolidación de grupos de investigación rexionais de potencial internacional que actúen como panca na produción científica de excelencia en coherencia coas necesidades e potencialidades socioeconómicas de Galicia.

2. A actuación consistirá na realización dunha convocatoria competitiva de axudas específicas para aqueles grupos de investigación do sistema rexional que acrediten unha capacidade obxectiva de competir no plano internacional cunha orientación industrial. Para tal efecto priorizarase a capacidade de produción científica, patentes e spin-off empresarial e/ou contratos con empresas para a transferencia de resultados da investigación científica.

3. O programa de axudas dirixirase a facilitar a consolidación de persoal investigador e pequeno equipamento asociado á estratexia de investigación dos grupos beneficiarios.

Destinatarios

Centros de investigación do sistema galego de I+D+i (universidades, centros tecnolóxicos, CSIC, Servizo Galego de Saúde)

Orzamento

5,00 M €

Data prevista de inicio

Setembro de 2012

Prazo de execución (meses)

28 meses (ata decembro de 2014)

Resultados esperados

1. Xeración de patentes, spin-off empresarial e contratos academia-empresa nos grupos de investigación beneficiarios

2. Incremento do retorno de programas de financiamento internacional por parte dos grupos de investigación beneficiarios

Actuación nº: 08

Título da actuación

Captación de talento internacional en Galicia para a innovación aberta (Talentgalia)

Obxectivos

1. Captación de investigadores internacionais de excelencia para a súa integración nos centros de investigación do sistema galego de I+D+i

2. Reintegración de investigadores galegos de excelencia no sistema galego de I+D+i tras a súa etapa de consolidación investigadora en países estranxeiros

Descrición

1. Programa de recrutamento de talento investigador internacional para os axentes de investigación aplicada do sistema galego de I+D+i

2. Captación de investigadores sénior e moi sénior procedentes de institucións de investigación de países da OCDE e reintegración de investigadores galegos que teñan pasado máis de 5 anos en institucións de investigación de terceiros países

3. Financiamento dos custos de contratación e equipamento básico para o asentamento dos investigadores no sistema galego.

4. A actuación proposta articularase a través dunha convocatoria internacional dirixida á comunidade investigadora relacionada con ámbitos prioritarios de tipo científico e tecnolóxico no sistema galego de I+D+i. As candidaturas recibidas serán priorizadas nun proceso competitivo onde se avaliarán os méritos curriculares e a proposta de proxecto de investigación inicial para desenvolver nos 2 anos de estadía que financiará o programa.

5. O programa financiará os custos salariais e o equipamento básico asociado aos investigadores seleccionados a través de convenios entre a Axencia Galega de Innovación e as entidades receptoras dos investigadores seleccionados.

6. A actuación proposta prevé a xestión integral da convocatoria de selección e o proceso de intermediación cos centros host que serán involucrados no proceso de deseño da convocatoria, selección e seguimento de candidaturas a través dun proceso transparente con base en criterios de igualdade de oportunidades e principios éticos de acordo cos estándares do programa People do VII Programa marco de I+D+i.

Destinatarios

Centros de investigación do sistema galego de I+D+i (universidades, centros tecnolóxicos, CSIC, Servizo Galego de Saúde)

Orzamento

5 M €

Data prevista de inicio

Outubro de 2012

Prazo de execución

Ata decembro de 2013

Resultados esperados

1. Contratación de 32 investigadores/ano de perfil sénior e moi sénior para a súa integración en centros de investigación do sistema galego

2. Efecto multiplicador na capacidade de xeración de proxectos de investigación colaborativa internacional dos centros onde se localicen os investigadores contratados

3. Incremento da capacidade de xeración de coñecemento básico e aplicado do sistema galego de I+D+i no ámbito estratéxico para o desenvolvemento rexional

Resumo de indicadores de impacto asociados ás actuacións descritas nas páxinas anteriores:

Proxecto

Emprego inducido

Financiamento privado

Retorno de fondos europeos

Novas empresas innovadoras

Contratos-programa para consolidación de centros de coñecemento

160,00

16,00

2,70

64,00

Centros de excelencia e crecemento empresarial

45,00

4,50

0,54

18,00

Dinamización do Fondo tecnolóxico

80,00

8,00

1,35

32,00

Apoio á valorización de tecnoloxías

60,00

6,00

0,79

66,00

Captación de fondos internacionais

60,00

6,00

0,79

66,00

Incorporación de talento innovador ás empresas (Xiga)

60,00

2,00

0,34

60,00

Consolidación de estruturas de investigación

20,00

-

0,30

-

Captación de talento internacional para a innovación aberta (Talentgalia)

78,00

-

5,00

-

Total

563,00

42,50

11,80

306,00

Datos do préstamo

Valor do préstamo tras o período de carencia

 

 

1ª anualidade

2ª anualidade

3ª anualidade

 

 

 

 

 

 

 

 

Importe do préstamo

4.000.000,00

15.000.000,00

16.000.000,00

 

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018

Tipo de xuro

3,95 %

1ª anualidade

4.158.000,00

4.322.241,00

4.492.969,52

4.670.441,82

4.854.924,27

 

 

Período de carencia

5

2ª anualidade

 

15.592.500,00

16.208.403,75

16.848.635,70

17.514.156,81

18.205.966,00

 

3ª anualidade

 

 

16.632.000,00

17.288.964,00

17.971.878,08

18.681.767,26

19.419.697,07

 

Anualidades

2017

2018

2019

2020

2021

2022

2023

2024

2025

2026

2027

2028

Totais

Anualidade 2012

Capital pendente de amortización

4.854.924,27

4.449.614,53

4.028.295,05

3.590.333,45

3.135.072,38

2.661.828,48

2.169.891,46

1.658.522,92

1.126.955,33

574.390,81

 

 

 

Xuros

191.769,51

175.759,77

159.117,65

141.818,17

123.835,36

105.142,23

85.710,71

65.511,66

44.514,74

22.688,44

 

 

1.115.868,23

Amortización

405.309,74

421.319,48

437.961,60

455.261,08

473.243,89

491.937,02

511.368,54

531.567,59

552.564,51

574.390,81

 

 

4.854.924,27

Cota anual

597.079,25

597.079,25

597.079,25

597.079,25

597.079,25

597.079,25

597.079,25

597.079,25

597.079,25

597.079,25

 

 

5.970.792,50

Anualidade 2013

Capital pendente de amortización

 

18.205.966,00

16.686.054,47

15.106.106,44

13.463.750,45

11.756.521,41

9.981.856,82

8.137.092,97

6.219.460,96

4.226.082,48

2.153.965,55

 

 

Xuros

 

719.135,66

659.099,15

596.691,20

531.818,14

464.382,60

394.283,34

321.415,17

245.668,71

166.930,26

85.081,64

 

4.184.505,87

Amortización

 

1.519.911,53

1.579.948,04

1.642.355,98

1.707.229,04

1.774.664,59

1.844.763,84

1.917.632,02

1.993.378,48

2.072.116,93

2.153.965,55

 

18.205.966,00

Cota anual

 

2.239.047,19

2.239.047,19

2.239.047,19

2.239.047,19

2.239.047,19

2.239.047,19

2.239.047,19

2.239.047,19

2.239.047,19

2.239.047,19

 

22.390.471,88

Anualidade 2014

Capital pendente de amortización

 

 

19.419.697,07

17.798.458,10

16.113.180,20

14.361.333,82

12.540.289,50

10.647.313,94

8.679.565,84

6.634.091,69

4.507.821,31

2.297.563,25

 

Xuros

 

 

767.078,03

703.039,10

636.470,62

567.272,69

495.341,44

420.568,90

342.842,85

262.046,62

178.058,94

90.753,75

4.463.472,93

Amortización

 

 

1.621.238,97

1.685.277,90

1.751.846,38

1.821.044,31

1.892.975,56

1.967.748,10

2.045.474,15

2.126.270,38

2.210.258,06

2.297.563,25

19.419.697,07

Cota anual

 

 

2.388.317,00

2.388.317,00

2.388.317,00

2.388.317,00

2.388.317,00

2.388.317,00

2.388.317,00

2.388.317,00

2.388.317,00

2.388.317,00

23.883.170,00