Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3495

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a adxudicación, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo reservado a funcionarios con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto no artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e pola Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Dar publicidade ao decreto do alcalde presidente do Concello de Lugo que resolve a convocatoria do posto de vicesecretario/a xeral do Pleno do Concello de Lugo, polo sistema de libre designación, e que declara deserta a convocatoria.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 22.9.2011; DOG nº 194, do 10 de outubro)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local