Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3364

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

ANUNCIO de información pública sobre aprobación do Plan de sectorización do SUND I-1 de Casnaloba.

Aprobado polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de decembro de 2012, o Plan de sectorización do SUND I-1 de Casnaloba, que contén o ISA (informe de sustentabilidade ambiental), promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, redactado pola consultora de Ingeniería INSELT, S.L., de conformidade co disposto no artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Región e La Voz de Galicia, computándose o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que se poida examinar o seu contido e presentar as alegacións ou observacións que se consideren convenientes.

Queda suspendido o outorgamento das licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva do citado plan.

Xunqueira de Ambía, 19 de decembro de 2012

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde