Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3363

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 22 (SUNP-22), no ámbito do quinteiro 16, Castro de Abaixo.

O Pleno da corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de decembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 22 (SUNP-22), no ámbito do quinteiro 16, Castro de Abaixo, segundo o documento presentado o día 12 de decembro de 2012, redactado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira.

O presente acordo notificaráselles aos interesados, publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá a normativa urbanística aprobada, e comunicaráselle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á cal se remitirán dous exemplares dilixenxiados do proxecto definitivamente aprobado.

O acto de aprobación definitiva da citada modificación puntual foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data 11 de xaneiro de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2013

Ángel Currás Fernández
Alcalde