Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3365

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2012.

Segundo o artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establécese que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Para dar cumprimento ao anteriormente exposto e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

J. Higinio Antuña Álvarez
Xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial
e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Achega
económica da Fundación

Convenio de colaboración entre a Fundación, o Concello de Pontedeva, a Amtega e Retegal, S.A. para o uso compartido da torre de telecomunicación sen fíos de acceso á internet de banda larga situada na zona de promoción industrial de Trado

31.10.2012

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Fundación, o Concello de Vilamarín, a Amtega e Retegal, S.A. para o uso compartido da torre de telecomunicación sen fíos de acceso á internet de banda larga situada no parque empresarial de Vilamarín

31.10.2012

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Fundación, o Concello de Arzúa, a Amtega e Retegal, S.A. para o uso compartido da torre de telecomunicación sen fíos de acceso á internet de banda larga situada no parque empresarial de Arzúa

12.11.2012

Sen achega

Addenda ao convenio de colaboración do 22 de maio de 2012, asinado entre a Fundación e as asociacións galegas de usuarios de software libre, en materia de software libre

30.11.2012

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Fundación e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para o desenvolvemento de actividades para o fomento da sociedade da información

7.12.2012

9.700,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación, o Concello de Castro de Rei, a Amtega e Retegal, S.A. para o uso compartido da torre de telecomunicación sen fíos de acceso á internet de banda larga situada no parque empresarial de Castro Ribeiras de Lea

12.12.2012

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Fundación e a Fundación Empresa-Universidad Gallega para a realización de prácticas formativas

26.12.2012

7.404,12 €