Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3367

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia

ANUNCIO de exposición do censo electoral.

Tras ser aprobado provisionalmente polo Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, en sesión que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2013, o censo electoral correspondente á elección de cargos do 13 de abril de 2013, comprensivo dos colexiados que cumpren os requisitos do artigo 42 dos estatutos, en cumprimento do establecido no artigo 46, exponse ao público durante un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio inserido no DOG e nas páxinas autonómicas dun dos xornais de maior difusión de Galicia, para que os interesados presenten as reclamacións que consideren oportunas a través do Rexistro Xeral da sede colexial.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2013

Héctor Hugo Paso Varrenti
Presidente do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia