Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3368

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos por esta sociedade no terceiro cuadrimestre.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, polo que se aproba a Lei de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2012 por esta sociedade.

Data

Vencemento

Importe

Contratista

Referencia

Obxecto

17.9.2012

31.12.2012

4.000 € + IVE

Asociación de Empresarios de O Couto

CV0011/2012

Convenio de colaboración entre Sogama e o centro comercial aberto Couto Centro para realizar unha campaña de concienciación e sensibilización social no menor consumo de bolsas de plástico.

22.10.2012

9.10.2012

5.117,77 €/período

Feuga

CV0012/2012

Convenio de colaboración programa de bolsas. Educación social. Luis Vieites Pérez.

Cerceda, 15 de xaneiro de 2013

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.