Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3078

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación cos tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros, polo Concello de Castroverde.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do día 19 de febreiro de 2008, publícanse as bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, das competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación cos tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros, polo Concello de Castroverde, que foi tamén publicado no Diario Oficial de Galicia número 46, do día 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia número 286, do día 13 de decembro de 2008, publícase a reforma das citadas bases.

O Concello de Castroverde amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria, que tivo lugar o día 24 de setembro de 2012, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto número 2999, do 6 de novembro de 2012), segundo o teor literal seguinte:

«Primeiro. Incorporar ao acordo de delegación de competencias a favor da Deputación Provincial de Lugo en materia de xestión, inspección e recadación en relación cos tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, aprobado polo Pleno do Concello con data do 31 de xaneiro de 2008 e modificado no Pleno do 27 de novembro de 2008, e coa mesma vixencia, o seguinte punto:

As competencias de xestión recadatoria en período voluntario, a partir do 1 de xaneiro de 2013, de:

– Taxa por abastecemento de auga.

– Taxa por recollida de lixo.

– Taxa por rede de sumidoiros.

– Canon da auga.

Segundo. Remitir a certificación deste acordo á Deputación Provincial de Lugo para o seu coñecemento e demais efectos.

Terceiro. Facultar o alcalde para a sinatura de canta documentación sexa necesaria para a execución deste acordo».

Lugo, 29 de novembro de 2012

José Antonio Mourelle Cillero
Secretario da Deputación Provincial de Lugo

P.D. (Decreto 2821/2011, do 15 de xullo)
Mª del Pilar García Porto
Deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda