Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3080

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios asinados pola Fundación no segundo cuadrimestre de 2012.

Segundo o artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establécese que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Para dar cumprimento ao anteriormente exposto e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2012

J. Higinio Antuña Álvarez
Xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial
e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO

Convenio

Data
de sinatura

Achega económica
da Fundación

Convenio de colaboración entre a Fundación e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), para o apoio ás actividades en materia de software libre e de fontes abertas.

22.5.2012

90.000 €

Convenio de colaboración entre a Fundación e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), para o desenvolvemento do software libre en Galicia.

22.5.2012

40.000 €

Convenio de colaboración coa Asociación de Empresas Galegas do Software Libre (Agasol), para a realización de actuacións de promoción do software libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia.

22.5.2012

30.000 €

Convenio de cooperación educativa asinado coa Fundación Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas.

22.5.2012

Sen achega

Convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas do alumnado da USC.

14.6.2012

Sen achega