Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación dunha explotación avícola destinada á ceba de polos na parroquia de Escuadro (Silleda).

Mª Asunción García Hernández, en representación de Vilgar, S.C., presentou neste concello solicitude de avaliación de impacto ambiental da ampliación dunha explotación avícola destinada á ceba de polos, situada nas parcelas catastrais 10079, 20079 e 30079, polígono 502, no lugar chamado Romarís, na parroquia de Escuadro (Silleda). En cumprimento do disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, sométese o estudo de impacto ambiental ao trámite de exposición pública durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas. Todo isto para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 28 de xaneiro de 2013

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta