Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre a apertura de albergue turístico no Pedrouzo (Arca).

Jstop Obras y Servicios, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a apertura de albergue turístico na avenida da Igrexa, nº 7, P4-5 baixo, O Pedrouzo, Arca, deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

O Pino, 14 de xaneiro de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde