Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3075

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para diversas actividades en Lagartóns.

Luis Iglesias Donsión (Neumáticos Luis, S.L.) solicitou licenza municipal para a actividade de substitución de placas de fibrocemento por panel sandwich, substitución de fiestras, pintado de nave e do chan antipó, conexión á rede municipal de saneamento a través de separador de graxas e aceites e declaración da situación legal de fóra de ordenación, así como da solicitude de cualificación ambiental de edificación destinada a taller de vehículos que se instalará en Lagartóns (estrada Chapa-O Carril, p.q. 19,65, predio rexistral nº 50.253). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Estrada, 27 de novembro de 2012

José C. López Campos
Alcalde presidente