Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3074

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública relativo a unha moblería.

Jesús Rodríguez Castro, actuando en nome e representación de Muebles Cerceda, S.L.L., solicitou a esta alcaldía unha licenza de apertura para unha moblería que se vai situar na avenida de Galicia, número 17 (Cerceda) (clave de expediente: MAS/133 2012).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimaren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 13 de decembro de 2012

José García Liñares
Alcalde