Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, polo que se notifican os actos de resolución do procedemento de cancelación de inscricións no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, procede notificar por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

Acordo de resolución previsto no artigo 20 do Decreto 90/2011, que modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. Poderase interpoñer recurso de alzada polo prazo dun mes.

A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, rúa dos Feáns, 5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2005/92-0 ONGD nº 92.

Destinatario da notificación: asociación de acción social, educación permanente y de servizos a la juventud y a la mujer Tempus.

CIF/NIF nº: G 15681000.

Último enderezo coñecido: Camiño do Pino, 5, baixo. 15570 Narón.

Data dos actos de resolución: 1 de outubro de 2012.

Sentido da resolución: resolución da cancelación.