Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2013, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística dun establecemento.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do establecemento relacionado, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa de servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Casa de Hóspedes Vanessa.

Titular: Ana Rosa Díaz Peralta.

Enderezo: avda. do Exército, 48-7º.

Concello: A Coruña.