Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de xaneiro de 2013 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento duns inmobles situados nos concellos de Ribadeo e Friol, e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Mediante ordes da Consellería de Facenda do 22 de maio e do 10 de setembro de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados nos concellos de Friol, Lugo, Ribadeo e Viveiro.

Logo de publicarse o 12 de novembro de 2012 no Diario Oficial de Galicia, número 215, e no xornal El Progreso do mesmo día, o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, realizouse o 11 de decembro de 2012 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións

1. A Juan José Álvarez Martínez, polo prezo de 60.403,75 euros, o terreo sito na vila de Ribadeo, concello do mesmo nome, na rúa Casa do Pobo, nº 4, duns 157 m2. Linda: pola súa fronte coa dita rúa, ou tamén chamado camiño da Lodeira; polas costas labradío de Francisco Díaz Braña; pola dereita, entrando, con casa de Joaquín López, e pola esquerda, con labradío de José Díaz Braña. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo como predio nº 10.237, tomo 313, libro 135 e folio 161 e 162. Referencia catastral: 8227028PJ5282N0001QD.

2. A José Vizcaíno Loures, polo prezo de 319,23 euros, a parcela nº 202, Torna, situada na parroquia de Bra (San Martiño) en Friol, tamén coñecida como Lousado, prado duns 576 m2 aproximadamente. Linda: norte, José Cabo Campo; sur, camiño de servizo e outros predios; leste, Carmen Pereira Corredoira, e oeste, Carmen Pereira Corredoira. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.270, tomo 1.029, libro 53 e folio 153. Referencia catastral: 27020A247002020000GX; e polo prezo de 345,83 euros a parcela nº 194, Torna, situada na parroquia de Bra (San Martiño) en Friol, tamén coñecida como Lousado, prado dunha superficie duns 624 m2 aproximadamente. Linda: norte, Jacinto Lourés Vig; sur, José Fernández Devesa e herdeiros de Generosa Saavedra; leste, Jacinto Lourés Vig, e oeste, herdeiros de Generosa Saavedra. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.271, tomo 1.029, libro 53 e folio 154. Referencia catastral: 27020A247001940000GT.

Segundo. Declarar deserta en primeira poxa a adxudicación dos seguintes inmobles

1. Parcela nº 57, Vilarmeá I, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 4 áreas e 32 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, Jesús e Manuel Santos García; leste, herdeiros de Generosa Saavedra, e oeste, herdeiros de Generosa Saavedra. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.267, tomo 1.029, libro 53 e folio 150. Referencia catastral: 27020A086000570000BB.

Tipo de licitación: 468,08 euros.

2. Parcela nº 59, Vilarmeá II, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 4 áreas e 32 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, Jesús e Manuel Santos García; leste, Purificación Fernández García e herdeiros de Generosa Saavedra, e oeste, herdeiros de Generosa Saavedra. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.268, tomo 1.029, libro 53 e folio 151. Referencia catastral: 27020A086000590000BG.

Tipo de licitación: 468,08 euros.

3. Parcela nº 60, Vilarmeá III, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 3 áreas e 84 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, herdeiros de Generosa Saavedra; leste, predio dun veciño de Trasmonte que corresponde á parcela catastral 64 do polígono 86, e oeste, Purificación Fernández García. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.269, tomo 1.029, libro 53 e folio 152. Referencia catastral: 27020A086000600000BB.

Tipo de licitación: 416,07 euros.

4. Parcela nº 95, Pena Trepe, situada no lugar coñecido como Campo da Seara en Friol, prado dunha superficie de 6 áreas e 72 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, Obdulia Cabo e José Sancosmed Saavedra; sur, herdeiros de Generosa Saavedra; leste, Fe Vigo, e oeste, María Devesa Iglesias. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.273, tomo 1.029, libro 53 e folio 156. Referencia catastral: 27020A241000950000GS.

Tipo de licitación: 372,43 euros.

5. Parcela nº 315, Penas Lebres, situada no lugar coñecido como Muíño do Capitán en Friol, pedregal a matogueira dunha superficie de 1 hectárea, 21 áreas e 44 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, coas parcelas catastrais nº 313 e 314 do polígono 247 que figuran a nome de Generosa Fernández Zas e con camiño veciñal; sur, coa parcela catastral nº 325 que figura a nome de Antonio Fraga Peteiro e coas parcelas nº 317 e 318 que figuran a nome de Jesús Cabo Campo; leste, coas mesmas parcelas nº 313, 314 e 325, e oeste, coas mesmas 318, 317 e, en parte, camiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.274, tomo 1.029, libro 53 e folio 157. Referencia catastral: 27020A247003150000GQ.

Tipo de licitación: 4.296,88 euros.

6. Inmoble situado na rúa dos Foles, nº 20, do concello de Viveiro, dunha superficie de 651 m2 que linda: norte, Francisco José Santiago García; sur, José Abad Salgueiro; leste, camiño municipal río Flores, e oeste, estrada de situación C-642 de Ribadeo a Ferrol, rúa dos Foles. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro ao tomo 828, libro 326, folio 50, predio 33.093. Referencia catastral: 3659403PJ1335N0002EW.

Tipo de licitación: 141.370,32 euros.

7. Parcela B-3 do sector sur K de Lugo duns 1.220,25 m2. Linda: norte, B (10-A); sur, B-4; leste, ZV-3, e oeste, límite do sector sur-K. Edificabilidade computable: 5.647,99 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lugo como predio nº 111.954, tomo 1.695, libro 1.256 e folio 162. Referencia catastral: 8618713PH1681N0001BU.

Tipo de licitación: 2.795.755,05 euros.

De acordo co disposto na cláusula décimo primeira do prego de condicións deste alleamento, realizarase segunda poxa o día 5 de marzo de 2013 no salón de actos do Edificio Administrativo da rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, a partir das 11.30 horas, con rebaixa no tipo de taxación dun 15 %. Se a segunda poxa quedar deserta, os inmobles ofertaranse a seguir en terceira poxa cunha rebaixa do tipo de licitación dun 30 % respecto da primeira.

Terceiro. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se fixesen neste procedemento de alleamento.

Cinco. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda