Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (540/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 540/2010 por instancia de Marisa Cambón Landeira, José Javier Suárez Otero, Óscar Pose Maneiro e Sergio Castrillón Franco contra a empresa Marisco Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 7.1.2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que se estima a demanda interposta por Marisa Cambón Landeira, José Javier Suárez Otero, Óscar Pose Maneiro e Sergio Castrillón Franco fronte a Marisco Coruña, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Marisco Coruña, S.L. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Marisa Cambón Landeira, a cantidade de 9.561,64 euros.

• A José Javier Suárez Otero, a cantidade de 12.161,95 euros.

• A Sergio Castrillón Franco, a cantidade de 20.257,54 euros.

• A Óscar Pose Maneiro, a cantidade de 3.607,81 euros.

En todos os casos os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios do 10 %.

Estas cantidades deberán ser recoñecidas por Carlos Cotelo Merelas como administrador concursal de Marisco Coruña, S.L.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución e para isto abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Marisco Coruña, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial