Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (921/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen os autos número 921/2010 por instancia de David Guy Major contra a empresa Vaughan System, S.L. sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 7.1.2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido.

Estímase a demanda interposta por David Guy Major fronte a Vaughan System, S.L. e, en consecuencia condénase a empresa Vaughan System, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de dous mil cento dezaoito euros con corenta e oito céntimos de euro (2.118,48 euros); os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a resolución ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Vaughan System, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial