Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (373/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 373/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Pena Pampín contra a empresa Belleza Santiago, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo a demanda interposta por Sandra Pena Pampín fronte á mercantil Belleza Santiago, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante realizado o 17 de marzo de 2012 e condeno a mercantil Belleza Santiago, S.L. a:

1. Que opte, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 8.661,82 euros, con aboamento, para o caso de optar a empresa pola readmisión, dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da sentenza ou ata que o traballador encontrase outro emprego.

2. Que lle aboe á parte demandante a cantidade de 1.469,50 euros, en concepto de aviso previo, liquidación e finiquito, cantidade que se deberá incrementar cos xuros do 10 % por demora no pagamento.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Belleza Santiago, S.L. en paradoiro descoñecido expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial