Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2910

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (92/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 92/2011 por instancia de Mónica García Pérez contra a empresa Xuntanza Nosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 8.1.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Mónica García Pérez fronte a Xuntanza Nosa, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Xuntanza Nosa, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil cincocentos cincuenta e seis euros con corenta e oito céntimos de euro (1.556,48 euros).

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Xuntanza Nosa, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial