Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2824

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se fai pública a asunción da competencia delegada polo Concello da Bola.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 28 de decembro de 2012, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello da Bola (xestión tributaria e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, taxa do lixo, taxa de abastecemento de auga e taxa de saneamento) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 7 de xaneiro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense