Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación do expediente 1697/433 sobre alleamento de poxa pública da parcela UE I-O1 en Villalaura.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 14 de decembro de 2012, acordou aprobar o expediente de contratación e o prego de cláusulas económico-administrativas para o alleamento, por poxa pública á alza en sobre pechado, do aproveitamento municipal en pro indiviso do 9,60 % na parcela 11.2-13.5.2 da «U.E. I-01 Villalaura» (parcela nº 165 do patrimonio municipal do solo) e dispor a apertura do procedemento de adxudicación e a súa publicación mediante anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1697/433).

Datos xerais do procedemento:

Órgano de contratación

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio na praza do Rei, s/n. Vigo (Pontevedra)

Parcela que se vai allear

Aproveitamento municipal en pro indiviso do 9,60 % na parcela 11.2-13.5.2 da «U.E. I-01 Villalaura». nº 165 PMS

(ver detalle)

Garantía provisional

25 % do tipo de licitación

Modalidade de alleamento

Poxa pública á alza en sobre pechado

Lugar de consulta do prego de condicións económico-administrativas e documentación

Oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo,

https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante

Prazo de presentación de propostas

15 días hábiles desde a publicación do último anuncio

Lugar de presentación de propostas

Luns a venres: Rexistro da XMU, das 9.00 ás 13.30 horas

Sábados: Rexistro do Concello de Vigo, das 9.00 ás 13.00

Presentación por correo ou formas do artigo 38.4 da Lei 30/1992: deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por fax ou telegrama. Nº de fax 986 22 47 80

Forma de presentación de propostas

A indicada no punto 8.2 do prego de condicións, consonte os modelos anexos ao prego

Lugar, día e hora do acto público de apertura de ofertas

Na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, ás 10.00 horas do primeiro martes seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións

As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante

Descrición da parcela:

Parcela 165 PMS: aprov. municipal en pro indiviso do 9,60 % na parcela 11.2-13.5.2 da «U.E. I-01 Villalaura»

Situación

Rúa Sevilla, 6; tamén referida como rúa Zaragoza, 35

Ref. catastral

2749005NG2724N0001JB

Inscrición rexistral

Rexistro da propiedade de Vigo n.º 5, tomo 1434, libro 1434, folio 13, predio rexistral 76847

Cargas e gravames

Ver descrición. Sen gastos pendentes

Tipo de licitación

52.207,66 euros (máis IVE)

Vigo, 19 de decembro de 2012

(Resolución 13.7.2012)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo