Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2825

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo

ANUNCIO da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas polo que se somete a información pública o proxecto de explotación da zona leste-Covalla de Escurela, da concesión de explotación para recursos da sección C), lousa, denominada Texeiras, número 14.589-10 (León e Ourense), o seu estudo de impacto ambiental e o plan de restauración.

En aplicación do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no artigo 9 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, sométese a información pública o proxecto de explotación da zona leste-Covalla de Escurela, da concesión de explotación para recursos da sección C), lousa, denominada Texeiras, número 14.589-10, o seu estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, por un período de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, período durante o cal poderán ser examinados polas persoas que o desexen co obxecto de formular alegacións. O proxecto, o seu estudo de impacto ambiental e o plan de restauración están expostos ao público, nos días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Minas do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, Paseo de la Castellana, 160, Madrid, así como nas áreas funcionais de Industria e Enerxía das delegacións de Goberno nas comunidades autónomas de Galicia, Parque de San Lázaro, 1 (Subdelegación do Goberno), Ourense, e de Castilla y León, avenida de Asturias, 4, León.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Madrid, 22 de xaneiro de 2013

Jaime Suárez Pérez-Lucas
Director xeral de Política Enerxética e Minas